A correcta alimentación, esencial en todo proceso de recuperación
Unha coidadosa selección de cada un dos ingredientes permítenos conseguir menús atractivos e apetecibles, utilizando un amplo abano de produtos especialmente escollidos polas súas calidades alimenticias.
Prestamos a máxima atención ás necesidades nutricionais dos pacientes, sen esquecernos de asegurarlles unha comida saborosa e de calidade, elementos esenciais para poder gozar dunha experiencia culinaria satisfactoria tanto para o corpo coma para o padal.
Solucións gastronómicas adaptadas a cada necesidade
Cada un dos nosos comensais é único. Por iso, as nosas solucións teñen a capacidade de adaptarse a todas as necesidades e circunstancias dos pacientes cun único obxectivo: mellorar a súa experiencia e converter a hora da comida nun momento de benestar e saúde.
Os nosos menús e dietas son minuciosamente planificados polos nosos equipos de cociñeiros, dietistas e nutricionistas para axustarse ás necesidades físicas e nutricionais dun colectivo moi diverso, que en moitas ocasións pode elixir o seu menú entre varias opcións.
Co obxectivo de que a súa estancia no hospital sexa o máis agradable posible, ofrecemos solucións innovadoras como o Facile à Manger, unha maneira especial de cociñar os alimentos, pensada para aquelas persoas que presentan dificultades de mastigación e deglutición pero que non queren renunciar ao sabor e ao pracer de comer.
Nutriplan, innovación tecnolóxica ao servizo dos pacientes
Serunion ofrece solucións tecnolóxicas para a xestión do servizo de alimentación a pacientes co obxectivo de garantir un servizo máis eficiente e transparente.
A través da nosa app Nutriplan, o usuario ten á súa disposición toda a información sobre o servizo ofrecido a pacientes, acompañantes (servizo de cuartos) e complementos.
Esta aplicación, desenvolvida a partir do contorno SAP, pódese integrar no sistema informático do hospital ou xestionarse independentemente.